Podcasts by Category

Cultura a todas Luzes

Cultura a todas Luzes

Luzes

CULTURA A TODAS LUZES é un podcast da revista Luzes presentado por Lois Blanco. Trátase dun espazo lúdico para difundir ás diferentes manifestacións da cultura galega: teatro, danza, música, literatura, artes plásticas, etc.

65 - CTL 42: As Neves
0:00 / 0:00
1x
  • 65 - CTL 42: As Neves

    Están con nós Sonia Méndez (directora), Nati Juncal (productora) e Andrea Varela (coprotagonista). As Neves é un pobo galego de montaña onde todos se coñecen. Na noite de Entroido un grupo de adolescentes fan unha festa e tómanse cogomelos por primeira vez. Ó día seguinte espertan cunha tormenta de neve e a noticia de que Paula, unha das nenas da festa, desapareceu. Mentres tanto, a cidade está cortada e internet cae. Cada vez é máis urxente atopalo. Comeza unha investigación que provocará un cambio profundo nas súas vidas e na súa relación co mundo. Ide ó cine!

    Wed, 29 May 2024 - 36min
  • 64 - CTL 41: Óscar Cruz

    Guionista por paixón e necesidade de contar historias. Comecei o meu camiño en internet con series como 'O método sueco'. Antigo alumno do Máster de Guión da UPSA e guionista da comedia de situación 'Peter Brandon'. Agora, recentamente premiado nos Mestre Mateo pola webserie “A arte de ser (mal) pai”. Comunicador tamén no Malicia Noticias da TVG.

    Wed, 22 May 2024 - 2h 35min
  • 63 - CTL 40: María Reimóndez

    María Reimóndez naceu en Lugo e é tradutora e intérprete de profesión. Como escritora o seu primeiro libro publicado é o poemario Moda Galega (Ed. Positivas, 2002). No 2013 regresou á poesía coa publicación de tres poemarios: Presente continuo (Xerais, 2013), Moda Galega Reloaded (Ed. Positivas, 2013) e kleinigkeiten/cousiñas (Fabulatorio, 2013). No ano 2017 recibiu o Premio Johán Carballeira de poesía por Galicia en bus (Xerais 2018). En 2017 unha selección de Presente continuo foi traducida ao támil co título Kallin Kadungkopam pola poeta Thamizachi Tangapadian.

    Wed, 15 May 2024 - 26min
  • 62 - CTL 39: Dúo Crúas

    Crúas é un dúo de piano (Iria Sanmarcial) e voz (Alba Ermida) que nace para poñerlles música a palabras de poetas galegas. Poemas feitos cancións, melodías que transportan mensaxes, notas que evocan imaxes. Unha música das entrañas, íntima e delicada, que non se deixa clasificar en xéneros, que cura feridas abertas, que aperta almas crúas.

    Wed, 08 May 2024 - 1h 15min
  • 61 - CTL 38: Revista Néboa

    Neste programa temos con nós a dúas das tres compoñentes dunha nova revista sobre cultura galega: Néboa. As súas artífices son María Maronho, Tatiana B.R e María González. Falamos con elas sobre inquetudes, gustos culturais…e moito máis!


    https://revistaneboa.wordpress.com/


    Wed, 01 May 2024 - 1h 52min
Show More Episodes